Ourense | A organización xuvenil popular iniciou o contacto coas agrupacións da provincia cun encontro con NN.XX. da cidade de Ourense, reunión na que se recolleron demandas tales como a dinamización do casco histórico, a mellora das conexións de autobuses entre a estación de ferrocarril e o campus universitario, o aumento das axudas de acceso á vivenda, o fomento do emprego e a formación.
O presidente provincial de NN.XX., Ignacio Campo, remarcou a importancia de escoitar á xente nova e facela partícipe das decisións. “A maneira máis fácil de chegar á mocidade é a través de nós”
O presidente provincial, Luís Menor, acompañou aos xóvenes nesta primeira reunión destacando que esta iniciativa é “unha mostra de que o PP de Ourense escoita de primeira man as necesidades dun colectivo tan importante como é a xente nova.