Salvaterra de Miño | Este servizo rotará polas distintas parroquias do Concello, achegando á veciñanza de Salvaterra a reciclaxe de residuos non ordinarios e estará en funcionamento no ano 2024.
Con este servizo que se porá en funcionamento a principios do ano 2024 os veciños e veciñas poderán separar de maneira máis cómoda e segura os seguintes elementos: Restos metálicos do fogar, lámpadas e tubos fluorescentes, tóner e cartuchos de impresora, pilas e baterías de electrodomésticos, xoguetes, envases de pintura e barnices, pequenos electrodomésticos e aerosois.
Esta iniciativa reflicte o compromiso continuo do Concello de Salvaterra de Miño coa protección do medio ambiente e a promoción de prácticas sostibles. O sistema implantado non só facilita e simplifica o proceso de reciclaxe para a veciñanza, senón tamén fomenta a redución de residuos e o uso responsable dos recursos.
Nesta primeira anualidade o Concello ven de adquirir os colectores para o interior do punto limpo móbil, realizar o deseño para a rotulación exterior, a adquisición de elementos de información e realizar a formación para o persoal.
E a principio de ano realizarase a adquisición do punto limpo móbil que permitirá empezar con este servizo que pretende achegar a todos os rincóns do municipio a reciclaxe.
O SAT atendeu a 87 nenos e nenas
En Salvaterra de Miño son un total de 64 usuarios que se atenderon dende o pasado ano. O SAT da agrupación dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente que desenvolve a súa actividade presencialmente en cada un dos concellos en instalacións destinadas a tal fin atendeu durante o último ano un total de 87 usuarios pertencentes ós tres municipios.
Trátase dun servizo para a poboación infantil de 0 a 6 anos dos tres concellos que conta cun equipo multidisciplinar formado por 1 psicóloga e coordinadora do servizo, unha terapeuta ocupacional e unha logopeda.
Durante este ano de actividade, no caso de Salvaterra de Miño, atendéronse a un total de 64 nenos e nenas con trastorno no seu desenvolvemento ou risco de padecelos e as súas familias, un 11,59% da poboación infantil desta franxa de idade.
Os principais motivos da demanda deste servizo son trastornos da linguaxe ou comunicación que supón o 47% dos casos atendidos, da psicomotricidade o 12%, evolutivos o 11% ou da conduta un 10% dos casos. Actualmente a unidade continúa traballando con entrevistas con novas familias do Concello de Salvaterra de Miño pendentes de atender e en fase de valoración.
Esta unidade conta co apoio apoio da Xunta de Galicia financiando o 90% do seu custo e o resto finánciase con achegas dos distintos Concellos participantes, non supoñendo custo algún para as familias usuarias da mesma.