Novo regulamento para os plenos en Ponteareas

O goberno municipal tomará como referencia á Deputación de Pontevedra

Ponteareas | O Concello de Ponteareas discutirá un novo Regulamento de Funcionamento dos Plenos baixo as seguintes propostas:

Problemática
As sesión plenarias celébranse o último martes de cada mes e teñen una duración máxima de 4 horas. O día de celebración así como a súa duración foi acordada pola maioría da Corporación municipal ao inicio deste mandato.

Sen embargo, en ningún pleno dá tempo a tratar todos os asuntos incluídos na orde do día, e na maioría dos casos, os asuntos que quedan sen tratar son os que presentan os grupos de oposición xa que a normativa indica que deben ser incluídos na orde do día despois dos asuntos do goberno.

Solución
Cambiar o regulamente de funcionamento do pleno, para:
Acurtar o tempo de intervención de cada grupo, goberno e oposición por igual, coa finalidade de que os asuntos se traten dunha forma máis áxil. Proponse a redución de 1 minuto na primeira ronda de intervencións, pasando de 6 min. a 5 min. por grupo municipal.

Acordar que a presentación de mocións por todos os grupos políticos se realice tendo en conta a representatividade que cada grupo acadou nas últimas eleccións municipais.

– Grupos políticos con ata 2 membros: 1 moción
– Grupos políticos con 3 a 6 membros: 2 mocións
– Grupos políticos con 7 membros ou máis: 3 mocións
– Concelleiros/as non adscritos/as: 1 moción

Este sistema de proporcionalidade na presentación de mocións no pleno tamén se segue na Deputación de Pontevedra (modificación do regulamento aprobado durante o goberno presidido pola socialista Carmela Silva). No Concello de Vigo esta situación e moito máis acotada, onde cada grupo da oposición soamente pode presentar 1 moción, rogo e pregunta por pleno.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.