Novos horarios no Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra

A partir do mes de abril

Salvaterra de Miño | O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca no municipio de Salvaterra de Miño, anuncia os seus  novos horarios de atención ó público e maneiras de achegarse ós contidos museísticos a partir do mes de abril.

O turismo enolóxico estase convertendo en Galicia nun dos principais reclamos turísticos da comunidade xa que outorga unha experiencia orixinal ao englobar infinidade de actividades complementarias arredor do mundo do viño: é o caso da gastronomía, da cultura, do patrimonio ou da tradición,  capaces de xerar redes invisibles de valor engadido.

Así, o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea aposta de maneira inquebrantable pola excelencia valéndose da historia e da súa tradición. Un museo didáctico, experiencial e interactivo que procura por en valor a marca propia “Condado do Tea” así como promocionar un territorio unido baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Por outra banda, camiña co obxecto de potenciar a riqueza existente da zona vinícola na que está asentado e formar un destino turístico co selo distintivo: Salvaterra de Miño.

Os días de apertura ó público incrementaranse respecto a tempadas anteriores, así o museo acollerá visitantes de mércores a domingo, en horario de 11h a 14h e de 17h  a 19h. Non será preciso a inscrición previa agás para os grupos de máis de 15 persoas.

As reservas para grupo deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico: museocienciavino@concellodesalvaterra.org

Viaxe ao Parque Warner de Madrid
O Concello de Salvaterra de Miño organiza unha excursión diferente para todos aqueles que queiran vivir unha nova experiencia.

Esta viaxe vai adicada tanto aos amantes das emocións fortes coma aos máis cativos, que comparten a ilusión de coñecer aos seus personaxes favoritos: Piolín, o Pato Lucas, Bugs Bunny…

Por iso, o 28 DE MAIO Salvaterra pasará o día no PARQUE WARNER de Madrid. O itinerario será o seguinte:

27 de Maio
l   Saída pola noite en autobús dende a Praza do Concello.

28 de Maio
l   Chegada directa ao Parque Temático, onde os visitantes pasarán o día divertíndose nas numerosas atraccións e espectáculos que ofrecen as instalacións.
l   O xantar se fará dentro do Parque (incluído no prezo).
l   Á saída, o autobús dirixirase directamente ao hotel, onde os aventureiros cearán e descansarán para recuperar forzas.
29 de Maio
l    Almorzo no hotel e visita aos punto máis emblemáticos de Madrid.
l   Volta ao hotel para xantar e saír  de regreso a  Salvaterra.

O prezo destas xornadas será de 169€ TODO INCLUÍDO. Os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun adulto.

Inscricións en deportes@concellodesalvaterra.org indicando nome completo, DNI, idade (no caso de que sexa menor) e número de teléfono. Se o prefires podes facer a túa inscrición no 661 046 592.