Novos pasos elevados e redutores de velocidade no casco urbano

NEA_Pontevedra_casco_urban

Pontevedra | O Concello vai a actuar dun xeito prioritario en catro rúas da cidade nas que se ten detectado o paso de vehículos a alta velocidade o que pon en risco a integridade das persoas e dos mesmos condutores. O concelleiro Luís Bará informou destas actuacións na Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos.

Os puntos negros nos que se chegaron a rexistrar velocidades de até máis de 80-90 quilómetros por hora están na rúa Loureiro Crespo e nas avenidas de Vigo, Eduardo Pondal e Bos Aires.

Loureiro Crespo. Tramo 12 de Novembro-avenida de Lugo.
Instalaranse redutores de velocidade, seguindo o modelo instalado no eixo rotonda

de San Roque-rúa Alameda.

Avenida Bos Aires. Tramo ponte de Santiago-ponte dos Tirantes

A presenza do CEIP Vidal Portela eleva o risco de danos ás persoas neste tramo no que se vai elevar o paso de peóns de diante do colexio e a construír un novo paso de peóns

Avenida de Vigo. Tramo cruzamento coa rúa San Pedro de Alcántara-rotonda con Fernández Ladreda

Instalaranse redutores de velocidade neste tramo recto, no que está a entrada ao IES Frei Martín Sarmiento e a unha residencia de estudantes.

Avenida Eduardo Pondal. Tramo rotonda Uxío Novoneira-ponte da avenida de Vigo.

Elevaranse os dous pasos de peóns que hai neste tramo, fóra dos marcados no cruzamento con semáforos.

TWITTER