Ourense | O 13º Salón do Automóbil pechou o domingo día 23 cunha edición atípica na que os tradicionais Salón do Vehículo Novo e de Ocasión, que se celebraban en Expourense durante dúas fins de semana consecutivas, se fusionaron nesta edición nun único salón que ofreceu durante catro días máis 350 coches, novos e de ocasión.
A folga do metal derivou unha cancelación da feira da primeira semana pero puido ser celebrada durante esta con total normalidade. Foi organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. e contou coa participación de 14 concesionarios que representan a 18 marcas.
Os organizadores dan por moi bos os resultados e indican que esta feira cumpriu as súas expectativas tanto no referente ás vendas de vehículos como de visitas recibidas no recinto feiral dende o pasado xoves día 20 ata esta tarde de domingo. Calcúlase que foron vendidos nestes catro días ó redor 180 coches (un 60% de ocasión e un 40% de vehículos novos de media, aínda que a variable depende bastante segundo o concesionario) e recibíronse máis de 6.000 visitas, sendo as tardes do sábado e do domingo os momentos de maior afluencia de asistentes.
Quedan patentes así as gañas que tiña o público desta cita que reuniu en catro días case a mesma cifra de visitas que na edición anterior (celebrada durante dúas fins de semana) A cifra de vendas ascenderá nos vindeiros días, xa que é frecuente que se pechen, durante esta semana e a próxima, operacións comezadas neste salón. A esta cifra hai que engadir tamén os 95 coches vendidos durante a última edición do Car Outlet organizada tamén entre Expourense e ACAUTO e celebrada no pasado mes de maio.
Á vista destes datos, o Salón do Automóbil volveu cumplir o seu papel de cita agradada polos expositores, para incrementar as vendas do ano, e tamén polo público que agrada a este salón para mercar o seu novo coches xa que sabe que no mesmo recinto pode consultar a meirande parte das opción dispoñibles no mercado.
Como incentivo para animar á compra de vehículos, organizouse como é habitual un sorteo dun bono de desconto de 6.000 euros no que participan todos aqueles que mercaron un vehículo ou de ocasión, durante esta 13ª edición do salón. O sorteo realizarase esta semana ante Notario na sede da Confederación Empresarial de Ourense e a entrega do cheque está prevista para o mércores 9 de novembro no concesionario que vendese o coche da papeleta gañadora.
Outro dos atractivos da visita ao Salón do Automóbil foi a Ludoteca Infantil gratuita promovida por Yuka Animación e que atendeu en tres días a máis de 200 rapaces e rapazas de entre 2 e 12 anos, prácticamente o 90% dos menores que visitaron o salón.
A actividades continúa en Expourense xa que a partir de mañá luns se retoma a vacinación masiva no recinto que xa se fará de forma continuada ata o día 7 de novembro porque do 9 ao 13 de novembro se celebra a 23ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico. Entre o 28 de outubro e o 6 de novembro tamén se instalará na explanada do recinto o Circo Tamberlick.