O actor Avelino González será o pregoeiro das Festas de San Telmo 2025 en Tui

A lectura do pregón será o sábado 19 de abril ás 12.45 h na praza da Inmaculada

Tui | Avelino González, actor, monologuista e contador de historias, será o pregoeiro das festas de San Telmo 2025. A lectura do pregón terá lugar o sábado, 19 de abril, ás 12.45 h, dende o balcón do edificio situado na praza de San Fernando.

Avelino González conta cunha longa traxectoria profesional como actor tanto en teatro como en televisión e cinema participando en películas coma “Cuñados” de Toño López ou “Heroína” de Gerardo Herrero, en series coma “Serramoura”, “Pazo de Familia”, “Padre Casares”, “As Leis de Celavella”, “Mareas Vivas”, “Cuéntame” ou “Hospital Central”. No teatro un dos seus últimos traballos foi en “Apaga o Candil” de Contraproducións, como monologuista ten entre outros “Chistes que foron contos”, “Eran elas!” ou “Galego para adolescentes”.

Co pregón de Avelino González Tui comezará a celebración das festas na honra a San Telmo que se van prolongar até o luns, 28 de abril.

Nos últimos anos o pregón das festas de San Telmo foi lido por Luís Zahera, Carlos Blanco e Isabel Blanco, cun marcado carácter festivo para dar inicio as festas patronais tudenses.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.