Madrid | O Club de Periodistas de Galicia de Madrid elixiu ao actor Luis Castro Zahera, máis coñecido como Luis Zahera (Santiago de Compostela, A Coruña, 23 de maio de 1966), para recibir a distinción de Galego do Ano 2023.
Trátase do máximo galardón para este colectivo, que preside Pilar Falcón, na capital de España. Un recoñecemento que en edicións anteriores recibiron escritores como Camilo José Cela, Gonzalo Torrente Ballester, Luis Rodríguez Moya, copiloto de Carlos Sáinz, Carmela Arias, Condesa de Fenosa; Carlos Núñez; Doutor Cabanela, empresas como Inditex, Sargadelos, Citroën de Vigo, o chef Pepe Solla, o presidente da NASA en España, Antonio Carro, entre outros.
A presidenta do Club, Pilar Falcón sinalou: ¨distinguíuse unha traxectoria profesional, unha forma galega de interpretar e de recoñecemento dos actores galegos que marcan o prestixio de Galicia nesta profesión que se reflicte na gran pantalla¨.
Luis Zahera pasa á lista de distinguidos polo Clube de Xornalistas de Galicia de Madrid na sección de cine, que só ostentaba Fernando Rey na edición de 1992. O acto de entrega a Zahera será en Madrid o vindeiro mes de marzo.