Sober | Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober, destacou que “é un orgullo moi grande como alcalde poder presumir un ano máis dos mellores produtos que este mundo nos pode ofrecer: viño, oleiría, música e, sobre todo, do mellor territorio posible e todo grazas a contar como veciños cos mellores homes e mulleres, que se esforzan para recibir durante todo o ano e, de forma especial, a fin de semana de Ramos a milleiros de visitantes”.
Logo da intervención do pregoeiro cargada de retranca e humor, Touriñán recibiu as ovacións de centos de personas que acudiron a Sober, no día grande de la XLIII Feria del Vino de Amandi, o Domingo de Ramos.
Os viños premiados nesta edición foron: categoría de tintos: Val da Lenda, Regina Viarum, Don Xoán Gullufre. Categoría barrica: Don Bernardino 4ª Xeneración. Categoría de brancos: Don Bernardino. Categoría de rosados: Regina Viarum.
O Concello homenaxeado na Feira deste ano foi o de Quiroga, representado polo seu alcalde, Julio Álvarez. A Feira do Viño de Amandi comezou este ano o venres día 31 de marzo e durante todo o mes desenvolveronse mútiples actividades.