A Cañiza | Luis Piña, xunto cos técnicos da empresa Teswater Global, encargados da elaboración e redacción deste documento, presentaron o ESTUDO INTEGRAL realizado polo Concello da Cañiza para profundizar nas necesidades en materia de depuración en todo o Municipio.
Un estudo imprescindible e inexistente ata o de agora que por primeira vez plantexa a realidade da cañiza en materia de depuración: o 41% dos veciños da Cañiza non dispoñen deste sistema.
Un Proxecto que ofrece unha radiografía exacta das carencias que temos en cada lugar de cada parroquia e que servirá como mapa de ruta para empezar a traballar nesta materia.
O traballo desenvolve un estudo e descripción integral de toda a rede municipal de colectores e depuración así como as necesidades a satisfacer en cada núcleo e as zonas de actuación. Por exemplo na parroquia do Couto debido á súa accidentada orografía serían necesario colocar 5 estacións de bombeo (EBAR) e 1 depuradora (EDAR) para conseguir sanear o 100% das vivendas.
Este proxecto, cunha vixencia de 15 anos, servirá de guía para coñecer en profundidade os problemas e necesidades en depuración e augas residuais nos 252 núcleos do noso municipio.
Como se pode apreciar no mapa que presentamos, se plantexan as posibles instalacións de saneamento en función da agrupación de núcleos rurais, se propoñen os sistemas de depuración máis axeitados a cada lugar dependendo da súa orografía, situación e número de habitantes e tamén se aporta unha descripción e a xustificación e estimación dos costes das obras para cada alternativa.
Serán necesarios 2.757.000€ para poder dotar de depuración ao municipio estimado a colocación no futuro de 16 novas depuradoras. Tamén contempla a subsanación das deficiencias nas EDARs existentes
Plantexa tamén a mellora dos procesos de depuración naqueles núcleos que a pesar de ter rede de saneamento, o tratamento que reciben as augas residuais non é suficientemente efectivo en canto a calidade da auga que se verte aos ríos como é o caso dos núcleos que teñen colectores conectados a fosas sépticas.
Por último propón os lugares máis deficitarios con determinación das fases de actuación por prioridades.
Este Proxecto verase completado cun segundo documento no que se recollerá a situación actual e estudo das necesidades da rede de alcantarillado do Municipio.