Tui | O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a concelleira de Educación, Mila González, recibiron esta mañá na casa do concello a Desiré Boquete e Ana Belén Piñeiro, alumnas do IES Indalecio Pérez Tizón, que estiveron dous meses e medio na rexión italiana de Regio, grazas o programa ERASMUS + de mobilidade de alumando e profesorado dentro dos países da UE que xestiona o SEPIE. A recepción esta mañá acudiu tamén o vicedirector do centro, Xosé Manuel Álvarez.
Este programa consiste en establecer convenios con empresas e institucións da UE para facilitar formación en centros de traballo do estranxeiro. No caso destas dúas alumnas, unha fixo as prácticas nunha coñecida marca de roupa e outra nunha firma de noivas.
Ambas valoraron de maneira moi positiva a experiencia, tanto a nivel persoal como profesional, e non descartan a posibilidade de volver a Italia a traballar.
Pola súa parte, Mila González, concelleira de Educación animou a outros alumnos a que participen neste programa os vindeiros anos, e Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, felicitou as dúas alumnas pola actitude positiva coa que afrontaron este reto.