Tui | O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, recibiu esta mañá no seu despacho da Casa do Concello a D. José Luis González Troncoso, presidente da Asociación Mutual, Cultural e Recreativa “Tuy – Salceda” de Bos Aires que visita nestes días Galicia.
No decurso do encontro, nun clima de grande cordialidade, o Presidente do colectivo emigrante transmitiu un saúdo ao Alcalde de Tui en nome da colectividade de Tui e Salceda na Arxentina, expresando o recoñecemento ao apoio que sempre teñen recibido por parte do Concello de Tui. González Troncoso informou quen o vindeiro anos e cumpre o centenario da fundación naquela capital da Sociedade do Distrito de Salceda e quererían contar co apoio do Concello tudense nos actos que se programen.
Moisés Rodríguez Pérez expresou a súa satisfacción por esta visita amosando os eu interese por afondar nos lazos que existen entre o Concello de Tui e esta Sociedade que agrupa ás xentes de Tui e Salceda naquela capital, para colabora nas iniciativas que redunden en beneficio desa sociedade tudense, que desenvolve unha importante labor social
Tuy Salceda, Asociación Mutual Cultural y Recreativa, é o nome actual dunha sociedade xurdida tras a fusión en 1976 da Asociación de Casa de Tuy e da Sociedad Centro del Distrito de Salceda de Caselas, e as posteriores incorporacións da Asociación Caldelas de Tui e da Asociación Galicia en Bos Aires.