O alcalde Luis Piña solicita melloras para o horario do transporte público ao seu paso pola Cañiza

Presentou alegacións ante a Consellería de Infraestructuras e Transporte da Xunta de Galicia

A CañizaEsta semana o Alcalde, Luis Piña, presentou ante a Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, unha relación de novas propostas en materia de transporte público urbano, que contribuirán a reforzar as comunicacións entre os concellos do interior de Galicia e as cidades de Vigo e Ourense, ademáis de aportar un servizo añadido ao territorio por onde discurre a N-120.

Nos últimos anos, debido aos cambios derivados da elaboración do Plan de Transporte Público de Galicia, os veciños da Cañiza víronse seriamente perxudicados, mermando e dificultando as súas posibilidades de desprazamento a outras localidades como Ourense, Vigo, CUVI, Hospital Alvaro Cunqueiro ou Pontevedra para realizar xestións médicas, laboráis ou educativas.

Na reunión mantida coa Conselleira, o Alcalde acordou enviarlle unha nova proposta para mellorar as necesidades en materia de transporte dos veciños da Cañiza e que son as que seguen:

LIÑA REGULAR DE TRANSPORTE POLA N-120
Na ruta A Cañiza – Hospital Alvaro Cunqueiro (días laboráis de Luns a venres) engadir un servizo ás 10h00, ás 14h30 e modificar o servizo das 17h15 adiantándoo ás 17h00.

Na ruta A Cañiza – Hospital Alvaro Cunqueiro (sábados, domingos e festivos) engadir novo servizo ás 17h30.

Na ruta Hospital Alvaro Cunqueiro – A Cañiza (días laboráis de Luns a venres) engadir un servizo ás 9h00 e modificar o servizo das 19h00 adiantándoo ás 18:30.

Na ruta ruta Hospital Alvaro Cunqueiro – A Cañiza (sábados, domingos e festivos), engadir un novo servizo ás 12h30.

TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA. RUTA XG523.
Que a ruta Vigo – Ourense ( luns a venres) con saída de Vigo ás 20h45 realice unha parada na Cañiza, ao estar este Municipio nunha ubicación excepcional xusto na metade do recorrido ente Vigo e Ourense, xustificando deste xeito o servizo.

Nesta mesma liña, O pasado 28 de agosto dende esta Alcaldía presentáronse as alegacións aos proxectos de explotación de servicios públicos de transporte de viaxeiros, iniciados pola Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta, para reclamar modificacións horarias nas rutas afectadas ao seu paso pola Cañiza. Conseguiuse que se modificaran os horarios nas relacións entre A Cañiza e Arbo, dando servizo aos centros educativos intermedios. Saída da Cañiza ás 9h00, facendo coincidir co horario de entrada ao CEIP de Valeixe.