Oviedo | A Asociación Día de Galicia en Asturias entregou a insignia de ouro e o carné de socio de honra a Jesús Sanz Montes, arcebispo de Oviedo. Os actos do colectivo celébranse anualmente no mes de setembro pero en 2022 o arcebispo non puido asistir aos actos polo que se organizou un especial para él en marzo de 2023.
Acudiron ao restaurante A Costana de Granda (en Siero) 120 persoas. Asistiron Alfredo Canteli, alcalde de Oviedo; Carlos Paniceres, presidente da Cámara de Comercio carbayona e Pablo Junceda, director xeneral adxunto de Banco Sabadell.
O arcebispo sinalou que “o primeiro irmandamento con Galicia fíxoo o ovetense Alfonso II cando peregrinou a Santiago de Compostela”. Cando Manuel Fernández Quevedo, presidente do colectivo galego, entregou os galardóns a Sanz Montes, éste sinalou que non fixera méritos para recibilos.
“Espero que non sexa unha escusa previa para un traslado a Santiago porque quero seguir moito tempo en Oviedo”. Alfreco Canteli referíuse ao homenaxeado como “unha persoa entrañable”. Foto de Pablo Entrialgo Sánchez.