Ponteareas | O Ateneo Amado Garra celebrou este 20 de xuño a presentación do libro de Perfecto Ramos “Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos Escuros” (Ed. Aira), ante un numeroso público que encheu a sala do Museo Municipal.
O autor, Perfecto Ramos, e o editor César Lorenzo, repasaron na presentación a traxectoria do crego e inquisidor de Crecente Gregorio Lobariñas Feixoo, autor de As Galegadas, unha historia de Galicia escrita nos Séculos Escuros, e na actualidade aínda non localizada.
Tamén achegaron a figura dun dos seus descendentes, Antonio Jacinto Lobariñas Feixoo, natural tamén de Crecente, médico e colaborador do Padre Sarmiento nas súas investigacións sobre as propiedades curativas das plantas.
O acto foi presentado polo Presidente do Ateneo Amado Garra, Roberto Mera, quen animou aos asistentes a sumarse como socios e socias ao proxecto do Ateneo.