O Ateneo organiza en novembro un ciclo de conferencias adicadas ao agrarista e republicano ponteareán Amado Garra

Participarán historiadores e investigadores galegos especialistas no agrarismo, o republicanismo, a emigración galega en Portugal e en Amado Garra

Ponteareas | O Ateneo organiza en novembro un ciclo de conferencias adicadas ao agrarista e republicano ponteareán Amado Garra. Participarán historiadores e investigadores galegos especialistas no agrarismo, o republicanismo, a emigración galega en Portugal e en Amado Garra.

Garra e os Lisboanos
A primeira das conferencias celebrarase o venres 15 de novembro, na Casa Cultural de Areas, baixo o título “Lisboanos, entre as terras de destino e as de origem. Notas para o caso de Amado Garra.

O encargado de impartir a conferencia será Carlos Pazos, profesor na Universidade do Minho, doutor en Ciencias da Cultura e licenciado en Filoloxía.

Garra e o agrarismo
O venres 22 de novembro celebrarase no Centro Cultural A Antorcha de Cristiñade a conferencia “Garra e o agrarismo” a cargo de Miguel Cabo, doutor e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e Henrique Hervés Sayar, Profesor de Ensino Secundario e Profesor do Centro Asociado da UNED en Lugo.

Garra e o republicanismo
As xornadas concluirán o venres 29 de novembro, no Centro Cultural Xinzo, para abordar a traxectoria política de Garra, contando para iso con historiador Francisco Candeira e co investigador Roberto Mera, biógrafo de Amado Garra.