Amoeiro | O BNG de Amoeiro, ven de solicitarlle por rexistro ao goberno local, o arranxo de todas aquelas estradas de titularidade municipal que se atopen nun peor estado de conservación.
Tal e como denuncian os nacionalistas en dita solicitude, a gran maioría das estradas de titularidade local que intercomunican as distintas parroquias do Concello de Amoeiro, atópanse nun lamentable estado de conservación, o que orixina mesmo problemas de seguridade vial, motivo polo cal, desde o BNG de Amoeiro, reclámanlle ao equipo de goberno que proceda a realizar os trámites pertinentes para poder comezar co seu arranxo.
O BNG reitera que os traballos de mellora deben extenderse a rede completa de vias de comunicación do Concello, mais entenden, é preciso priorizar as que están en peor estado como poden ser as das parroquias de Bóbeda, Parada e Trasalba, para continuar logo coas do resto do municipio.