San Cristovo de Cea | O BNG de San Cristovo de Cea asegura que “O Concello sufriu unha reducción de poboación moi superior e máis acentuada á que se ten producido en ningún outro concello da nosa contorna, perdendo 3 de cada cinco habitantes”.
Segundo o gráfico elaborado polo BNG sobre a evolución da poboación en San Cristovo de Cea, percibese unha forte caída no periodo do actual alcalde do PP. No ano 1992 Cea tiña cinco mil habitantes e no censo de 2022 está en dous mil.
“As manobras de última hora para inflar o censo de modo que non baixe de 2000 habitantes, só van servir para manter o número de concelleiros actuais. De seguir esta liña descendente, dentro de catro anos será imposible mantelos, por moito que manobren”, indica o partido nacionalista.
“O Concello carece dunha dinámica positiva e orientada a atraer novos habitantes que se sintan a gusto aquí. Os favoritismos trouxéronnos ata onde estamos, pero aínda así ten que haber futuro, temos que superar o pasotismo. Movémonos para invertir a liña decadente, darlle valor ao noso e garantir o futuro do Concello”, asegura Manuel Pérez, concelleiro do BNG en Cea.
Os nacionalistas de Cea analizan que o Concello “leva moitos anos baixo a mesma orientación política: caciquismo clásico, control absoluto das actividades por parte do grupo de goberno, apartar á oposición todo o posible do Concello, silenciar toda cuestión problemática, menosprezar a participación, elaborar baremos á medida, atender aos preferidos esquecendo aos demais ou mirar cara outro lado”.
Nesta liña encadrase o esforzó do BNG por potenciar a estructura do Concello. Os plenos – asegura- non pasan de ser unha mera pantomima, celebrándose en horas e días intempestivos. Na foto os candidatos nacionalistas ás eleccións locais do 28 de maio.