Mos/BNG | Os usuarios do paseo do río Louro vense obrigados a facer equilibrios para non sufrir un accidente cando cruzan a ponte de madeira do parque da Pesqueira, na parroquia de Mos. O BNG leva anos denunciando a situación e o Goberno do PP é incapaz de atopar unha solución e garantir a seguridade de todas as persoas que cada día pasan polo lugar.
O BNG leva anos reclamando unha solución e o goberno do PP non adoptou ningunha medida
A superficie da ponte é moi esvaradía cando hai humidade e cando a madeira está mollada os usuarios teñen que agarrarse como poden ás varandas para non caer. A ben seguro que hai empresas agardando por unha chamada para solucionar o problema, pero de momento nada se fixo dende o Concello.
Logo de gastar en novas instalacións e saír na prensa anunciando obras que non comezan, o Goberno do PP volveu amosar a súa incompetencia para solucionar os problemas reais da veciñanza. O grupo municipal do BNG reclama que se tome en serio o mantemento de todos os bens do Concello, que se pense menos nas eleccións e máis no día a día das persoas.