Ourense/BNG| Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG, valora positivamente o apoio dos grupos provinciais á súa moción, no que se pon de manifesto a concentración e centralización bancaria en Galicia, que ven xerando o peche de oficinas bancarias, a redución dos servizos financeiros e a destrución de postos de traballo.
O grupo provincial do BNG acada o apoio para demandar que o goberno Estado desenvolva as mudanzas oportunas para regular o sector financeiro e por freo á concentración bancaria e o incumprimento das normas de competencia e agravamento da exclusión financeira. Logra tamén que a Deputación demande da Xunta de Galicia desenvolver as súas competencias en materia de consumo para impulsar campañas colectivas de reclamacións bancarias e información ás persoas consumidoras sobre a vulneración dos seus dereitos.
“Con esta moción e este apoio o ente provincial comprométese a interceder ante a dirección do Santander, Caixa Bank e BBVA para que atendan ás xustas reivindicacións das traballadoras e traballadores da banca en defensa dos postos de traballo e para o mantemento dos servizos financeiros básicos no territorio galego”
Con esta moción e este apoio o ente provincial comprométese a interceder ante a dirección do Santander, Caixa Bank e BBVA para que atendan ás xustas reivindicacións das traballadoras e traballadores da banca en defensa dos postos de traballo e para o mantemento dos servizos financeiros básicos no territorio galego. “Non é aceptable que os sector que recibiu os case 50.000 millóns de euros para o rescate bancario, agora no lo estén devolvendo en forma de ERTES, despidos, e peches de sucursais , redución de horas de atención ao público e aumento de cotas bancarias” declarou Varela.
Correos
O BNG apoia a demanda na Deputación de mellorar o servizo de correos, demandando o mantemento e aumento de postos de traballo fixos e mesmo que se incrementen, así como políticas eficaces de xestión. Porén o BNG lembroulle ao grupo provincial do PP que os recortes que se están producindo, teñen que ver coa privatización deste servizo, que ven acontecendo desde que o señor Feijoo estivo ao frente de Correos fai 20 anos.
Neste sentido o BNG logrou concitar o apoio dos grupos para demandar ao goberno do Estado español derogar o artigo 37, referido a contornos especias do real decreto Real Decreto 503/2007, 20 de abril. A implementación do artigo 37, referido a contornos especias do real decreto Real Decreto 503/2007, 20 de abril. Suporía a agrupación nun único punto de entrega (cada un no seu buzón) das cartas remitidas a cada núcleo de poboación.
Memoria histórica
Ante a polémica xurdida no debate da moción sobre memoria histórica o BNG deixou claro que non cabe ningún tipo de equidistancia ante a dictadura. Dun lado atopase a lexitimidade democrática e do outro un golpe militar fascista que impuxo un rexime dictatorial durante 40 anos. “Sen esquecer que na Galiza non hobo fronte de guerra, só represión durante máis de 40 anos exercida unilateralmente a cidadáns que en moitos casos ainda siguen en cunetas”.
Por iso o BNG apoiou a demanda de retirada de toda simboloxía fascista alí onde se atope, así como o resto de proposicións manifestadas en favor da Memoria Histórica.