O Carballiño | Manuel Dacal, concelleiro de Turismo, viaxou a Alijó (Portugal) para estreitar lazos e establecer novas liñas de colaboración, coincidindo coa celebración da Feira dos Vinhos e Sabores dos Altos, que tivo lugar neste municipio luso pertencente ao distrito de Vila Real.
A ministra lusa de Cohesión Territorial, Ana Abrunhosa, presidiu o acto de apertura da feira na que Carballiño promocionouse como destino turístico. O concelleiro entregou á ministra a figura dunha pulpeira, co obxectivo de poñer en valor a Festa do Polbo, que o ano pasado estreou a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.
“A presenza do Carballiño na Feira dos Vinhos e Sabores dos Altos contribuíu a dar a coñecer as bondades do Concello”, segundo o concelleiro.
José Paredes, presidente dá Cámara Municipal de Alijó, localidade coa que Carballiño se hermanó hai anos, recibiu de mans de Dacal unha figura da Veracruz en metacrilato, destacando que este municipio ten moito que ofrecer ao turismo, ademais da súa gastronomía.
A secretaria de Estado para a Valorización Interior, principal cargo de xestión para a loita contra o despoboamento en Portugal, Isabel Ferreira, tamén mantivo un encontro co concelleiro carballiñés e manifestou a súa vontade de asistir á Festa do Polbo, que se celebrará, como vén sendo habitual cada ano, o segundo domingo do próximo mes de agosto.
O próximo mércores día 28 de xullo a presentación da 61 edición da Festa do Polbo será en Braga (Portugal). Na foto Manuel Dacal coa ministra portuguesa, Ana Abrunhosa.