O Carballiño | A Festa do Polbo do Carballiño celebrarase o domingo 13 de agosto, aínda que días antes haberá actividades paralelas como a preparación da tapa máis grande do mundo e a festa das penas.
Na Casa do Concello presentouse o cartel que anuncia a festa gastronómica. É obra da artista carballiñesa Ari Quintas, que tamén foi a autora do cartel da pasada edición.
Francisco Fumega, alcalde da vila, agradeceu a axuda dos patrocinadores e da Deputación. Avelino de Francisco, alcalde de Cortegada de Baños e presidente do Camiño Miñoto Ribeiro sinalou que pronto se recoñecerá este Camiño. Manuel Dacal, concelleiro de Turismo felicitou á autora do cartel Ari Quintas. Rosendo Fernández, director do Inorde resaltou a declaración da festa como de interese turístico internacional e que a dedicatoria ao Camiño Miñote Ribeiro vai darlle maior relevo.
O motivo central desta edición é o Camiño Miñoto-Ribeiro, que percorre tamén parte desta comarca e que pretende conseguir a declaración oficial de Camiño Xacobeo. Para potenciar este roteiro, a Festa do Polbo deste ano está dedicada a esta variante do Camiño a Santiago.