“Ao palpar a proximidade da morte, volves os ollos ao teu interior e non atopas máis que banalidade, porque os vivos, comparados cos mortos, resultamos insoportablemente banais.” (Miguel Delibes)
Camiñamos polas ourelas do Río Sacro esquecendo como nun pacto de silencio non tratado a nosa misión, todos sabemos que a compañía de “O Cazador Errático da Crista” significa que a presa perseguida é da Orde Maior, un ser mais desapiadado que o mais terrible mal.
O croata de Kringa, da rexión de Istria, trasladado en carros de lume foi depositado na Cripta do Miño, a derradeira parte do percorrido realizárona nun pequeno barco pesqueiro, de noite para non levantar sospeitas, antes con cemento e circonio cubriron a rampla do desembarco, onde Nisa olfatea o sangue que asolaga o cadaleito, non se callou a pesares do paso dos séculos.
O da Crista está adestrado para a caza de vampiros violentos pero Xure Grando é o mais cruento de todos.
“Cóntame O Errático que ata o de agora descoñecíase o seu paradoiro, pero sí que se notaba a súa presenza, violacións, crimes de toda natureza, desaparicións…”
Cóntame O Errático que ata o de agora descoñecíase o seu paradoiro, pero sí que se notaba a súa presenza, violacións, crimes de toda natureza, desaparicións… A canina interrompe o seu “escudriñamento olfativo” e comenta, “Os responsables do ben sentimos a Influencia do Espírito, como ao vento non o vemos pero notamos os seus efectos, con todo o propagador do mal oculta a súa presenza e ás veces os crimes máis horrendos pasan desapercibidos” Eu, non falo, cando estás rodeado de sabios; o prudente é ser humilde e tratar de entender…
O sabio Crestón sabe de xogos de morte, de feitizos, de bailes no arame co abismo aos seus pés, a morte non o acovarda, sobreviviu tantas veces nas circunstancias mais terribles, que nin o escuro, nin o profundo pódeno separar da fonte do Poder onde depositou a súa forza e a súa confianza.
Nisa e mais eu seguímolo, sabemos que se esconde no vello pazo, entre o vetusto escudo heráldico e a xanela construíu o pasadizo para disimular o acceso, as armas do Errático disparan balas de prata cada milésima de segundo, furando a pedra coma se tratásese de manteiga.
Entramos ao fin e un cheiro nauseabundo invádenos, nun recuncho atopamos o sangue xa callado e o sartego baleiro, algún poderoso avisouno e deslizouse polo tobogán secreto ás frías augas do Miño.
Os tres regresámonos desconsolados á nosa morada entre Fátima e o Principio, Nisa e eu desanimados, o da Crista di “os vampiros desta orde se esfuman en nove de cada dez intentos, non vos aflixades, só quedanlle oito vidas, será cuestión de tempo.”
O seu brazo cobre os meus ombreiros e sinto a súa musculatura debaixo da capa, comprendo que os anos non pasan en balde, as miñas forzas reducíronse coas batallas e as loitas, pero non me sínto mal, sei que alguén está a se preparar para a substitución, a canina sempre fiel bica a miña man e contonease brindándonos a súa amizade…
Na esquina un cego está feliz, a noite non lle impide ver a luz, a súa luz non reside nos ollos, emana do corazón…