Salceda de Caselas / BNG | O BNG de Salceda denuncia o uso electoralista e partidario que realizan os grupos políticos representados no Concello de Salceda de Caselas coa situación de colapso das actuais instalacións do Centro de Saúde e a súa sustitución por un novo edificio; a construir polo SERGAS.
Sinala o BNG que mentras a atención sanitaria se presta nunhas instalacións deficitarias e con persoal médico, na área de pediatría, insuficente para a demanda existente; debido ao incremento de poboación infantil nunha vila, como a de Salceda, cunha natalidade en continuo crecemento; tanto o PP, como Movemento Salceda xunto co PSOE, converten a situación na que se prestan os servizos sanitarios á poboación nun xogo de ping pong electoral.
Cada un deles xoga a súa partida en función dos réditos electorais que lles pode supoñer o asunto nas vindeiras eleccións municipais; así:
-O PP ponse de perfil cando se lle recorda que, os seus amigos da Xunta de Galiza, quitaron do orzamento galego a partida destinada a un edificio novo en Salceda; esperan a anunciar de novo a obra, seguramente na campaña electoral das municipais de maio.
-O PSOE sae con propostas irrelizables, como a de alugar baixos ou destinar espazos do Centro de Sevizos Sociais municipal para consultas de pediatría; deslocalizando os servizos médicos con cargo a diñeiro municipal, que se pode investir en melloras no actual eficio en tanto non se constrúa o novo.
-Movemento Salceda, en vez de planificar melloras para facilitar a accesibilidade á consulta de pediatría; como reformar a planta superior para facilitar un acceso directo dende o exterior, destina diñeiro a outras obras que non son prioritarias; como o “carril bici” construido recentemente nunha estrada da Deputación; que, ademais de ser un perigo para a seguridade vial, ten en contra a veciños afectados polo seu trazado.
O BNG considera que non se pode xogar deste xeito cun servizo público esencial como é o da atención sanitaria á poboación de Salceda.
O BNG esixe a realización de melloras no actual edificio e aumentar o persoal de pediatría; considera que é urxente reformar espazos no actual edificio municipal, mentras se espera polo novo do SERGAS.
Propón que tanto os técnicos do SERGAS como os Municipais relicen un proxecto viable para facilitar a accesibilidade á consulta de pediatria; ao tempo, que se realice un aproveitamento real dos espazos (como pode ser a división de salas de consulta e espera actuais) e se dote ao Centro de Saúde doutro pediatra, especialmente naqueles periodos de maior demanda de atención.
O Concello pode destinar, con cargo plans provinciais, diñeiro para a reforma dun edificio da súa propiedade, en vez de realizar proxectos en estradas que son de competencia da Deputación, que non son prioritarios. Trátase polo tanto de manter as instalacións nun estado aceptable de uso; garantir a prestación dos servizos mediciña xeral, pediatrica, enfermaría, e outros sevizos como matrona, taballo social, etc., coa calidade dunha equipa profesional que teña a súa disposición os espazos axeitados e coa unidade de atención nun único edificio.