Compostela | Con este obradoiro-roteiro, o CIAC quere transmitirlle aos pequenos e ás pequenas da casa a importancia de conservar as tradicións e a sabedoría popular a través do coñecemento dos recursos que hai no noso entorno. Na véspera da noite de San Xoán, realizarase este obradoiro e roteiro para recoñecer as herbas utilizadas tradicionalmente na noite de San Xoán, descubrir algunhas das súas propiedades e buscalas pola contorna das Brañas de Sar.
Esta actividade, que comezará ás 18:00 horas, está dirixido a público familiar (a partir de 6 anos). A participación é de balde, pero é preciso inscribirse a través do teléfono 981 543 145 ou da dirección de correo electrónico ciac@santiagodecompostela.gal.
Tamén e preciso anotarse por estes medios para participar no obradoiro-roteiro do día seguinte, sábado 23, ás 18:00 horas. Neste caso, a actividade está dirixida a público xeral e consistirá nun obradoiro e roteiro para identificar as principais herbas que se utilizan tradicionalmente esta noite, deixándoas en auga ao orballo coa que lavarse á mañá seguinte.
Conta a lenda que a forza do solsticio de verán e o orballo desa noite atribúenlle un vigor especial e propiedades purificadoras a estas herbas. Así que tamén se poderán coñecer algunhas destas propiedades e os/as participantes irán á súa procura pola contorna das Brañas de Sar.