Ponteareas | O Concello de Ponteareas convida a todos os comerciantes a engalanar os seus negocios dentro da campaña “Comercio de Nadal” que activa a concellería de Comercio para contribuír no embelecemento da vila e facer o paseo polas rúas máis atractivo.
A concellería de Comercio facilitará aos establecementos interesados a estrutura e as guirnaldas verdes con brezo natural que enmarquen a entrada ademais de outros materiais co obxectivo de homoxenizar a decoración de nadal e, entre todos, facer cidade.
O concelleiro de Comercio, Ricardo González, agradece a colaboración das asociacións de comerciantes Banastra e Tea na difusión desta iniciativa entre os seus asociados e salienta a importancia de contar co apoio e colaboración destas dúas asociacións que engloban a unha ampla maioría de establecementos.
“Unirnos e desenvolver campañas todas e todos xuntos cun mesmo fin, promover o noso tecido comercial e a nosa vila é o obxectivo desta iniciativa que tamén chega á praza de abastos. Un mesmo deseño que nos unifique e que cree unha ruta que percorrer convidará a achegarse a Ponteareas”.