O Porriño | A Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR), en colaboración do Concello do Porriño, pon en marcha a campaña “Adianta o verán” coa que pretenden incentivar as compras no comercio local entre os días 1 e 20 de xuño.
As persoas que merquen ou consuman nos establecementos asociados a ACIPOR nas datas da promoción, recibirán un rasca, co que poderán gañar diferentes premios, que consisten en: 5 tarxetas regalo MOREA de 20€, 130 bolsas neveriñas e 130 bolsas de praia. Os premiados e premiadas, deberán presentar o rasca xunto co ticket de compra para poder recoller o seu premio ata o día 22 de xuño.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, presentou a campaña xunto coa presidenta de Acipor-CCA Morea, Juana Pérez, e unha representación dos comerciantes convidando á veciñanza do Porriño e dos comercios da contorna a visitarnos e facer as súas compras no Porriño, onde poderán atopar todo o que precisen.
“Taller de NewSkills”
O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego O Porriño realizou, en colaboración da Concellería de Emprego do Concello do Porriño, a segunda sesión do “Taller de NewSkills” para adestrar as competencias blandas a través da realidade virtual.
O Polo de Emprendemento do Porriño, ofreceu o pasado mércores nas instalacións de Porremprego este obradoiro de competencias blandas para que os/as participantes adestrasen a forma de enfrentarse de maneira colaborativa a diferentes retos. Dentro dos obxectivos deste curso, destaca o formar aos/ás futuros/as empresarios/as na construción de novas relacións emprendedoras, na autoevaluación e autocoñecemento de competencias, como a comunicación, a adaptación, o traballo en equipo ou a planificación funcional.
Estas competencias persoais e sociais son fundamentais para o crecemento das empresas así como do desenvolvemento persoal, xa que facilitan as relacións humanas, como son a
intelixencia emocional, o pensamento crítico, o liderado, a resiliencia ou a xestión do cambio, entre outras. As gafas de realidade virtual e outras técnicas de aprendizaxe empregadas foron deseñadas pedagóxicamente partindo dunha base científica e tendo en conta as conductas asociadas a diversas competencias blandas e roles de equipo.
A concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, comenta que “as novas tecnoloxías,
como as gafas de realidade virtual, adáptanse perfectamente aos xogos de rol, nos que a persoas participantes tiñan que construir equipo, repartir ferramentas e alcanzar uns
obxectivos concretos”.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, recorda que “o Concello do Porriño está moi centrado en
promover o emprego e axudar aos novos emprendedores e seguiremos traballando nesta liña para que a veciñanza teña un futuro o máis prometedor posible”.