O Concello adquire unha parcela no centro urbano para mellorar o tráfico rodado e conseguir unha maior amplitude na zona
Remitido2 Minutos de lectura
Con esta adquisición de patrimonio, o Goberno local pretende derrubar o antigo taller alí situado, na rúa Codesal facendo esquina con rúa Pinar, para que o viario gañe en extensión e evitar posibles colapsos e dificultades en materia de tráfico dada a confluencia de rúas nese mesmo punto Avda. de Galicia con Antonio Palacios
Co obxectivo de contribuír á construción dun municipio ordenado eliminando aqueles elementos que provocan feísmo urbanístico e supón ademais un obstáculo ao tráfico rodado, á vez que se melloran e amplían as infraestruturas en beneficio de todos os veciños, o Concello do Porriño realizou nos últimos días a compra dunha edificación situada en pleno centro urbano. Trátase dun antigo taller situado na rúa Codesal, en esquina con rúa Pinar e na entrada a José Fernández López, cunha superficie de aproximadamente 100 metros cadrados. Rúa Codesal con rúa Pinar
Do mesmo xeito que coa adquisición das dúas vivendas situadas ao comezo da rúa Arquitecto Antonio Palacios, entre a Casa Consistorial e a rotonda que a comunica coa Avenida de Galicia e Domingo Bueno, con esta nova adquisición “trátase, xa non só de eliminar a imaxe de feísmo paisaxístico que provocan, senón que neste caso particular darase unha maior amplitude e extensión ao viario que por alí discorre onde conflúe o tráfico rodado procedente de diversas rúas”, explica o alcalde Nelson Santos.
O inmoble alí situado provoca un estrechamiento nesa zona do viario, penetrándose en leste e, consecuentemente, provocando a súa estreiteza e dificultades na condución, sobre todo na entrada á rúa José Fernández López. “Deste xeito, tras o derrube deste antigo taller, ao que se procederá en breve, a zona quedará totalmente despexada podéndose reordenar o tráfico adecuadamente evitando posibles colapsos e dificultades á hora da condución”, conclúe o rexedor local.
Sobre o uso das cookies
Usamos cookies no noso sitio web para brindarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e visitas repetidas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Destas, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como utiliza este sitio web. Estas cookies almacenaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a exclusión voluntaria dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten funcionalidades básicas e características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.
As cookies que poden non ser particularmente necesarias para o funcionamento do sitio web e utilízanse especificamente para recompilar datos persoais do usuario a través de análise, anuncios e outros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no sitio web.