Vigo | O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres do visto bo do goberno de Vigo á proposta remitida porpara substituír temporalmente a conexión con Bruxelas pola de París-CDG, dado que a capital belga non pode garantir a plena operatividade do seu aeroporto durante este verán, tras os atentados terroristas do 22 de marzo.
Caballero indicou que os informes técnicos municipais avalan a proposta remitida pola aeroliña e polo tanto Vigo estará conectada novamente coa principal terminal parisiense, mantendo as datas de operación, as frecuencias e o número de prazas ofertadas pola compañía no concurso público. Así, Air Nostrum conectará Vigo con París desde o 4 de xullo ata o 25 de setembro, con voos os xoves e os domingos.
O alcalde vigués reiterou que non renuncia á conexión coa capital belga e anunciou que volverá solicitar ao Ministerio de Fomento que declare o Vigo-Bruxelas como ruta de interese público e conte deste xeito con subvención estatal e/ou europea. Caballero recordou que Vigo acolle a Axencia Europea de Control da Pesca e poucas cidades contan cunha sede administrativa continental e carecen de voo directo con Bruxelas.