Arbo | O convenio de colaboración asinado entre a Vicepresidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Arbo servilla para a “Mellora de Infraestructuras de Saneamento no Camiño de A Granxa-Cabezudos e Drenaxe no Camiño Pedreira-Cabeiras”.
A obra fundamentase na necesidade de responder de contado ante a grave situación na que se atopan a infraestrutura. A necesidade e urxente de acometer as obras de saneamento no lugar de A Granxa vén derivada da existencia de verquidos incontrolados así como de fugas de augas residuais no treito de colector existente, que producen contaminación de parcelas agrícolas (fundamentalmente viñedos) e filtracións nas vivendas.O lugar de A Pedreira sitúase a carón dunha zona de monte que teimadamente vén sendo pasto de frecuentes incendios. Asemade, este problema ten derivado en outros non menos importantes; o tránsito continuo de maquinaria pesada e de camións que transitan polo lugar para acceder o monte fixo que é en época de chuvias se forme enxurrada que chega ata as vivendas do lugar. Esta problemática sobrevida e de inaprazable solución e precisa unha rápida e urxente intervención para evitar maiores complicacións de índole sanitaria e económica para os habitantes de ambos os lugares.
O concello de Arbo, informa Horacio Gil, alcalde de Arbo, quere permitir o progreso económico da totalidade do territorio arbense, do medio e do urbano, e permitir o progreso económico da totalidade do territorio e que a cidadanía galega teña unhas óptimas condicións de vida, con independencia do seu lugar de residencia,potenciando e apoiando a prestación de servizos por parte dos concello coa colaboración de outras administracións. Con esta actuación defínese tecnicamente e presupostase a solución para a execución da conexión de saneamento na Granxa-Cabezudas á rede xeral do concello, así como a recollida das augas pluviais e o ensanche do camiño de Pedreira- Cabeiras existente e a súa pavimentación, l o cal permitirá mellorar dita vía e permitir unha mellor comunicación no lugar, manifesta o rexedor de Arbo.
O obxetivo común é conseguir mellorar o funcionamento dos servizos e das infraestruturas municipais, de forma que o Concello de Arbo, poida prestar servizos de calidade á veciñanza con independencia do seu lugar de residencia, coa finalidade de garantir a calidade ambiental, a prevención e mitigación de efectos adversos sobre o ambiente ou a atención ás emerxencias.