A Guarda | A Concellería de Medio Ambiente, ante o período de seca que levamos atravesando nos últimos meses, reitera a apelación á cidadanía de facer un uso racional da auga.
Alén da falta de precipitacións e temperaturas elevadas, a recente avaría dunha das bombas obríganos a tomar medidas para que o abastecemento de auga chegue a todas e todos os veciños.
Por iso, dende o Concello, queremos concienciar da importancia deses bens tan prezados que son os recursos hídricos.
Recoméndase que certos usos da auga como: rego, baldeos, recheos de piscinas… adminístrense dun xeito apropiado á situación excepcional destes días.