Arbo | A distribución de pantallas protectoras para previr o contaxio do coronavirus xa chegou aos establecementos comerciais que permanecen abertos en Arbo, tamén ao persoal sanitario do centro de saúde, correos, garda civil, persoal municipal e taxistas para prover a eses colectivos que teñen a obriga de prestar servizos considerados esenciais.
O alcalde Horacio Gil, repartía, ademais pantallas entre o persoal do Centro de Saúde, técnicos do 061, Garda Civil, Correos, Taxistas, Praceiros e ao persoal do comercio local que ten que permanecer aberto.
O reparto aos comerciantes foi realizado polo alcalde, Horacio Gil, que quixo coñecer en primeira persoa como viven os comerciantes este momento tan duro para todos, pero especialmente para eles que teñen que estar en continuo contacto con a cidadanía – informa o rexedor. Nestes momentos ante o aumento da demanda de material de protección e das dificultades para conseguir cubrir as necesidades existentes, o Concello quere colaborar na protección de todos os veciños e veciñas, do persoal dos comercios, do persoal municipal, dos técnicos do 061… posto que son os que máis expostos están neste momento – remata o alcalde Horacio Gil
O Concello de Arbo, xa repartiu xel desinfectante e luvas aos comercios arbenses ao principio desta crise sanitaria
Outras medidas contra o coronavirus
O Concello segue coa desinfección semanal de todas as parroquias, co servizo de taxis gratuíto, a atención aos colectivos vulnerables as 24 horas, limpeza de contedores e desinfección de vehículos e locais municipais, entre outras.
O Concello de Arbo tamén repartiu o material educativo primaria despois das conversas mantidas coa dirección do CEIP Antonio Carpintero.