Arbo | O 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario.
Esta lei ten entre os seus obxectivos garantir a prestación adecuada dos servizos de abastecemento de auga cando exista un episodio de seca, tendo en conta os recursos hídricos dispoñibles, e establecer as normas e as medidas para o aproveitamento dos recursos hídricos nos períodos en que exista un episodio de seca, co fin de reducir a vulnerabilidade fronte a este evento, buscando unha garantía no abastecemento á poboación en equilibrio co medio natural e tendo en conta os posibles efectos do cambio climático.
A Lei 9/2019 establece na disposición adicional segunda que, no prazo máximo de dous anos, contado desde a entrada en vigor desta lei, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa.
O Concello de Arbo, para cumprir co establecido na Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario contrata unha AUDITORÍA MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO E PLAN DE ACTUACIÓN PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA DO CONCELLO DE ARBO por importe de 9.375,00 €.- (IVE 21% incluído), dos cales 7.500,00 €.- son subvencionados por Augas de Galicia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dacordo a resolución de data 17.08.2022 e corresponden o 80% do importe da actuación e sendo o 20% do importe restante, que ascende a 1.875,00 €.- con cargo a fondos propios do Concello de Arbo.
Os Traballos a realizar na auditoría:
a) Unha descrición detallada do sistema de abastecemento do concello, contendo, como mínimo:
• Unha explicación do funcionamento do sistema de abastecemento.
• Un inventario dos elementos singulares (puntos de captación de auga e a súa tipoloxía, equipos de medición existentes en captación, transporte, distribución e usuario final, estacións de bombeo de auga, depósitos de almacenamento, estacións de tratamento de auga potable), coas súas principais características, emprazamento e fotografías.
• Información sobre as redes de abastecemento (condución e distribución), lonxitude da rede de distribución, o estado de conservación e antigüidade das instalacións de abastecemento existentes.
• Inventario estimado do parque de contadores, características e antigüidade.
• Os núcleos de poboación e zonas aos que se subministra auga.
b) Documentación gráfica, planos en formato dixital (CAD ou SIX), do sistema de abastecemento do concello, contendo como mínimo: puntos de captación de auga, equipos de medición existentes dende a captación aos puntos de consumo, estacións de bombeo de auga, depósitos de almacenamento, estacións de tratamento de auga potable e as zonas e núcleos aos que se subministra auga.
c) Datos sobre o volume medio de auga captada e subministrada á rede de abastecemento, o número de usuarios conectados diferenciados por tipoloxía (domiciliarios, grandes consumidores, etc.), e a tipoloxía de consumos de auga rexistrados e non rexistrados e facturados e non facturados.
d) Un balance hídrico de todo o sistema de abastecemento, tendo en conta a auga captada, a auga rexistrada e a auga non rexistrada.
e) Un plan de actuacións aprobado no pleno municipal do concello para minimizar as perdas de auga dos sistemas de abastecemento á poboación nos seguintes catro anos, contendo, como mínimo:
• Medidas e actuacións para a redución dos consumos autorizados non rexistrados.
• Medidas e actuacións para a redución das perdas aparentes (erros de medición, erros de lectura, consumos non autorizados).
• Medidas e actuacións para a redución das perdas reais
Outono cultural
A programación dan comezo ó día 23 de outubro coa Deporuta organizada pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello. As inscripción realizaranse na páxina web da Deputación de Pontevedra
O día 30 DE OUTUBRO a partir das 17:00 horas temos o noso tradicional MAGOSTO POPULAR na Praza do Concello donde haberá castañas, chourizos asado, música e xogos.
Entre a programación do outono cultural, reservanse os días 31 de outubro, 19 de novembro e 10 de decembro para as actividades infantiles dirixidas aos máis cativos.
O 31 DE OUTUBRO: a FESTA DE SAMAÍN no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo será a actividade terrorífica do outono: pola maña de 10:00horas a 13:00horas: Obradoiros, xincana e conta contos terroríficos e de 17:00horas a 20:00horas: Concurso de Disfraces, Animación Musical, Larpeiradas de Samaín, Baile, Xogos e Festa.
As incripcións para participar nos obradoiros da maña se farán nas oficinas municipais do Concello de Arbo. O 19 DE NOVEMBRO o auditorio do Centro Multiusos acolle ás 18:00 horas “OS BOLECHAS” e no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2022 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL)
No marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2022 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), o 10 DE DECEMBRO ás 18:00 horas teremos a obra de TEATRO: “AÍ FALACHES, CASTELAO” , no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo.
O 13 DE NOVEMBRO a Coral Polifónica esta de aniversario e o celebrará a partires das 18:00 horas cun corcerto acompañados pola Banda de Música de Arbo. O 26 DE NOVEMBRO a partir das 20:00 horas volver o “CONCERTO DE SANTA CECILIA”, organizado pola Banda de Música de Arbo coa colaboración do Concello.
A “I CARREIRA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”, terá lugar o 27 DE NOVEMBRO. A saída e a meta será dende a PRAZA CONSISTORIO. A inscrición esta aberta a toda a poboación, establecéndose categorías e itinerarios en función da idade.