Arbo | Este Concello tras solicitude presentada no marco da Liña 1 da convocatoria do Ente Provincial para o ano 2017 resultou beneficiario das seguintes subvencións:
*Subvención por importe de 11.616,00 € para a redacción do proxecto para a creación do parque forestal de “Alto de San Fins”, cun orzamento total de 14.520,00 €. O contrato de servizos para a redacción do referido proxecto ven de ser adxudicado neste ano 2018 á mercantil “LAGARES OCA S.L.” no importe de 12.000,00 €. Existen amplos Convenios de Colaboración asinados coas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Cabeiras e Sela, nos que se contempla o compromiso de ambas partes de garantir que dito parque forestal será destinado ao uso e lecer de toda a cidadanía, sendo de acceso libre, sen máis restricións que as que se xustifiquen no proxecto a redactar conforme á normativa de aplicación.
*Subvención por importe de 4.791,60 € para a redacción do proxecto para a creación do parque forestal de “Bouza de Miguel”, cun orzamento total de 5.989,50 €. O contrato de servizos para a redacción do referido proxecto foi adxudicado o pasado ano 2017 á mercantil “SERVICIOS TÉNCICOS E OBRA DO RURAL S.L.” no importe de 5.989,50 €. Existe Convenio de Colaboración asinado coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Arbo, no que se contempla o compromiso de ambas partes de garantir que dito parque forestal será destinado ao uso e lecer de toda a cidadanía, sendo de acceso libre, sen máis restricións que as que se xustifiquen no proxecto a redactar conforme á normativa de aplicación.