As Neves | No que vai desde ano, o Concello xa contratou, con cargo aos seus propios fondos, a 2 limpadores/as para edificios e locais; tamén de partidas municipais está previsto contratar a un condutor/a de camión, con permiso C+E, por un período de 10 meses e cun horario de 35 horas semanas; coas mesmas condicións, 1 oficial de obras, un oficial de xardinería e un bibliotecario/a que traballaría 10 meses a xornada completa.
Outras 23 persoas que cubrirán distintos postos serán contratadas contando coas achegas que reciba o Concello doutras administración, principalmente a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.
As mesmas cubriran 4 postos de peóns de obras, por un período de entre 9 e 10 meses, en xornada completa; 2 empregos de fontaneiros, durante 7 meses e tamén a xornada completa; 8 peóns forestais, entre 9 e 10 meses, a xornada completa; 1 condutor/a ou operador/ de maquinaria, por un total de 10 meses e xornada completa; 2 peóns de limpeza, por un período de 6 meses; 1 ordenanza/bedel, durante 10 meses a xornada completa; 2 socorristas para as piscinas municipais, 3 meses, xornada completa e, nas mesas condicións e polo mesmo tempo, 3 condutores de motobomba.