Monforte de Lemos | O Concello de Monforte de Lemos colabora no concerto inaugural do ano 2025, no que a Sociedad Filarmónica de Monforte celebra os 75 anos dende a súa fundación. Para elo, o executivo de José Tomé colaborou coa cesión das instalacións do Edificio Multiusos, así como contribuíu cunha aportación económica para o patrocinio do concerto.
Deste xeito, mañá venres 3 de xaneiro a partir das 8 da tarde o Auditorio do Edificio Multiusos acollerá o Concerto de Aninovo que correrá a cargo da Orquestra Clásica de Vigo, “A Clásica”, dirixida por Manuel Martínez Álvarez-Nava. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo, polo que o alcalde anima a todos os monfortinos e visitantes a acudir e disfrutar deste primeiro concerto do ano en Monforte.