Ponteareas | A concellaría de Medioambiente, que dirixe Rosa Covelo, informa que a empresa concesionaria de limpeza ven realizando actuacións de desinfección diaria durante toda esta semana nas rúas e espazos públicos de Ponteareas, especialmente en zonas de supermercado, farmacias, panadarías e mercado municipal. Ademais, estanse pulverizando os colectores e procedendo ao lavado dos mesmos tanto no casco urbano como nas parroquias.
Por outra banda, a concelleira informa que na web municipal, no apartado adicado á crise do coronavirus, hai dispoñíbel información sobre o manexo domiciliario dos residuos en fogares. A concellaría lembra que as luvas de latex ou nitrilo empregados para facer a compra ou outros usos non son envases e polo tanto non deben depositarse no colector de envases lixeiros (amarelo), despositaranse nos colectores de fracción resto (verdes).
En canto á recollida de enseres séguese mantendo o servizo que se realiza os venres debendo os cidadáns interesados comunicalo previamente, até o xoves, no teléfono 986631658. Os enseres depositaranos no contenedor máis próximo á súa vivenda, a partir das 20.00 ata as 6.00 da mañá.