Ribadumia | O Concello de Ribadumia informa que no día de onte se tivo constancia dos desperfectos ocasionados por actos vandálicos en diferentes puntos da Ruta da Pedra e da Auga, sobre os cales xa deu parte a Garda Civil.
Deste xeito, diverso mobiliario como vallas, bancos, farolas ou incluso un dos muiños se viron afectados e sufriron danos por actos vandálicos.
O Concello de Ribadumia tratará de devolver este mobiliario o súa situación previa a estes actos o antes posible pero é importante concienciar sobre a importancia que ten o mantemento de todos os bens públicos, pero non só aquel que é preciso para o seu correcto funcionamento e que se debe levar a cabo dende a administración, senon que é igual de importante o mantemento no uso e coidado destes bens por parte da cidadanía.
Por tal motivo, ínstase así o civismo dos cidadáns e a concienciación no coidado dos bens públicos.