Salceda de Caselas | O concello de Salceda de Caselas ven de aprobar en pleno un novo servicio a disposición dos veciños coa adhesión do concello ó convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico para poder realizar no propio concello de Salceda os trámites de cambio de domicilio no rexistro de conductores e cambios de domicilio no rexistro de vehículos.
Dende a concellería de tráfico e réximen interior que dirixe José Luis González informa que ambos os dous trámites serán gratuitos para os veciños, evítándolle ter que desprazarse ás oficinas de Tráfico en Vigo.
Unha vez o cidadán o solicite no concello serán as administracións as que xestionen a documentación e procedan a comunicarlle os cambios solicitados ó interesado.
Coa adhesión a este convenio tamén se consegue ter actualizados os padróns de conductores e vehículos existentes no municipio a través dun intercambio mutuo de información entre o concello e a xefatura de tráfico.
José Luis González afirma que se trata de axilizar trámites administrativos ó cidadán e de prestar unha administración local de proximidade ó veciño ó tempo que lle aforras un coste económico e de tempo evitando o desprazamento a xefatura de tráfico.