Salceda de Caselas | O Goberno de Salceda de Caselas garante os servizos mínimos para a Folga Xeral convocada polos sindicatos maioritarios que terá lugar o xoves 29 de Marzo do presente ano.
Na reunión mantida o venres 23 ás 12:00 cos Representantes sindicais de CCOO e CIG que representan ao traballadores do Concello de Salceda e o Concelleiro de Persoal, Jose Luis González, chegouse a un acordo unánime de garantir os servizos mínimos no Concello nesta folga, contando coa presenza dun administrativo e un persoal de obras.
Jose Luis González incide “é moi importante poder chegar a acordos entre os traballadores que garantan o servizos mínimos do Concello para os veciños e veciñas de Salceda, sen incidir no libre dereito que temos todos e todas para apoiar o acto da Folga” Gabinete de prensa do Concello de Salceda de Caselas.