Sober | Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober, presentou hoxe na Capela de Portabrosmos, na ribeira de Chanteiro, a programación da XLV Feira do Viño de Amandi, as actividades que forman parte do Mes do Amandi e o cartel anunciador, cuxo autor é o murciano Rubén Lucas García. Estivo acompañado por parte do equipo de goberno, adegueiros e viticultores.
Este ano o convidado de honra é o Concello do Incio, nunha edición da feira que novamente vai comezar o venres 11 de abril e estenderse durante o sábado e domingo de Ramos. Para a presente edición están inscritas 22 adegas da subzona de Amandi. A adega encargada de inaugurar a Feira será A Cividade, ao cumprirse o décimo aniversario do falecemento do seu fundador, José Verao Rodríguez.
A cantante do Incio Lucía Pérez ofrecerá o pregón, o domingo día 13 ás 13:00 horas. O sábado dará un concerto na Praza do Concello.
Mes do Amandi
A programación do denominado Mes de Amandi comezou a sábado 15 de marzo ás 12.00 horas na Capela de Portabrosmos coa presentación do cartel da XLV Feira do Viño de Amandi, xunto coa programación de actos do Mes do Amandi e da Feira. Ás 19.00 no Centro Sociocultural de Sober Cine-concerto, Sete oportunidades de Buster Keaton coa música en directo de CASPERVEK. Organiza. Sociedad Filarmónica de Monforte. (75 aniversario).
Martes 18 de marzo: Ás 18.00 horas na Biblioteca Pública Municipal. Presentación do poemario MALOMA de José Carlos López Valcárcel. Organiza: Club de Lectura Pintor de Castinandi.
Xoves 20 de marzo: De 12.30 a 14.30 horas na Escola de Hostalería de Rosende, Xornada de Maridaxe: Viño de Amandi con produtos de OVICA (Ovino e Caprino de Galicia). Colaboran: Fundación Belarmino Fernández e OVICA.
Venres 21 de marzo: Ás 17.30 horas os participantes nas Merendas con Contos visitarán viñedos de Viticultores do Amandi.
Sábado 22 de marzo: Ás 19.30 horas no Centro Sociocultural, proxección de 48 de Susana Sousa Dias, dentro da Primeira Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, VENDAVAL, edición de Primavera.
Domingo 23 de marzo: Circuíto Comarcal de Cross escolar. Carreira de Sober, entre a Travesía de Belán e a Rúa de Canabal. Programa Xogade da Xunta de Galicia.
Xoves 27 de marzo: Ás 12.00 horas inauguración da Rúa Maruja Mallo, coa intervención do profesor Emilio Insua e o xornalista Ángel Árnaiz. Rúa do CEIP Virxe do Carme.
Xoves 27 de marzo: Ás 19.30 horas no Centro Sociocultural Círculo de Benestar. Sesión 1: Autocoñecemento Emocional, impartido pola Educadora Social Paula Santos.
Venres 28 de marzo: De 11.00 a 14.00 horas en Solpor Camperpark (Pacios de Bolmente), Diversificar para expandir e diferenciar un negocio turístico na Ribeira Sacra. Organiza: Polo de Emprendemento Ribeira Sacra.
Venres 28 de marzo: De 16.30 a 18.00 horas nas Merendas con contas da Biblioteca Pública Municipal, OBRADOIRO: Conectando en igualdade: iguais nos contos?, impartido pola Educadora Social Paula Santos.
Martes 1 de abril: Ás 12.00 horas na Escola de Hostalería de Rosende. Xornada técnica e cata comparativa de viños Mencía de diferentes D.O. Dirixe: Alfonso Losada Quiroga.
Martes 8 de abril: De 10.00 a 14.00 horas no Centro Sociocultural de Sober ‘6º Concurso de Sumillers’. Organiza: Escola de Hostalería de Rosende.
Sábado 12 de abril: Ás 19.00 horas no Hotel Aurea Palacio de Sober: Concerto Á luz das candeas.
Outras actividades
Encontro Nacional Emprendedores Creativos. Do 11 ao 13 de Abril: Encontro Nacional de Emprendedores Creativos na Ribeira Sacra. Hotel Aurea Palacio de Sober e Parador de Turismo de Monforte. Organiza: España Creativa.
Asamblea Nacional da Federación Española de Enólogos. Do 11 ao 13 de Abril no Hotel Aurea Palacio de Sober. Organiza: FEAE (Federación Española de Enólogos).
Taller de campo. Do 14 ao 16 de marzo na Casa Grande de Rosende realizarase o Taller de Campo: Inspirar. Filmar. Expirar. ”La aventura de habitar lo filmado” con OSKAR ALEGRIA. Organiza: La Plantación
Exposicións: Do 20 de marzo ao 30 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados o concurso de carteis da XLV Feira do Viño de Amandi.
XLV Feira do Viño
A programación da feira do viño comezará o venres 11 de abril. Ás 19.30 horas: Inauguración a cargo da Adega Cividade de Outeiro-Bolmente, en lembranza de José Verao Rodríguez. Ás 20.00 horas: Actuación da batucada X de L. As 22.30: Actuación de Louband. Ao día seguinte, sábado 12 de Abril, ás 11.00 horas: Apertura de stands. Media hora máis tarde, actuación dun Grupo de Música Tradicional, a través do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Ás 12.30 horas: Actuación da Banda de Música de Sober. Ás 17.00 horas: Comezo da Precata Oficial. Ás 18.30 horas: Actuación da Batukada Baturruca. Ás 21.30 horas: Actuación de Lucía Pérez. Ás 23.00 horas: Actuación de Gin Toni’s.
O domingo 13 de Abril, ás 10.45 horas actuación da Charanga NBA, de Chantada. Ás 11.00 horas pasarrúas coa Banda de Música de Sober. Ás 11.15hora actuación da batukada Tukupá. Ás 11.30 horas: Comezo da Cata Final Oficial. Ás 11.30 horas misa solemne coa bendición de Ramos, na Igrexa de Sober. As 12.00 horas: Animación cunha selección de Tunas de Madrid. Ás 12.30 horas: Recepción de autoridades na Casa do Concello. Ás 13.00 horas: Pregón a cargo da cantante do Incio Lucía Pérez. Ás 13.30 horas: Entrega de Premios. Ás 17.30 horas: Actuación da Charanga NBA. Ás 18.00 horas: Actuación de Gaitukada Aikirindo. Ás 19.30 horas: Baile coa orquestra Los Satélites.
Cata de viños
Cun xurado profesional integrado por membros da Federación Española de Enólogos, celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira.
Entréganse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2024, un premio para viños brancos da anada de 2024, un premio para viños rosados da anada 2024, un premio para viños tintos de anadas anteriores a 2024, e un premio para viños envellecidos en barrica. Organiza: Vinosacra.