Sober | Luís Fernández Guitián, alcalde de Sober, presentou no miradoiro de Pena do Conde, na Barca, a programación da XLIV Feira do Viño de Amandi, as actividades que forman parte do Mes do Amandi e o cartel anunciador do evento, cuxo autor é o vilalbés Eduardo Pérez Baamonde. Estivo acompañado por parte do equipo de goberno, adegueiros e adegueiras.
Este ano o convidado de honra é o Concello do Pereiro de Aguiar, nunha edición da feira que por vez segunda vai comezar o venres 22 de marzo e estenderase durante o sábado e domingo de Ramos.
Para a presente edición están inscritas 22 adegas da subzona de Amandi. A xornalista e presentadora de televisión Lucía Rodríguez será a encargada de dar o pregón, o domingo día 24 ás 13:00 horas.
Programación do Mes de Amandi
Xoves 29 de febreiro: Ás 19.00 horas no Centro Sociocultural. Xornada: EL CAMBIO DE VARIEDADES EN EL VIÑEDO: LA TECNICA DEL SOBREINJERTO a cargo de Vicente Sotés e Esteban Ponce de León. Organiza: GDR Ribeira Sacra Courel.
Venres 1 de marzo: Ás 16.30 horas os participantes nas MERENDAS CON CONTOS visitarán viñedos de Viticultores do Amandi.
Sábado 2 de marzo: Ás 12.00 horas na Biblioteca Pública Municipal. Presentación dos resultados da última Prospección arqueolóxica con xeorradar en Proendos a cargo do Arqueólogo Francisco Alonso Toucido.
Xoves 7 de marzo. De 12.30 a 14.30 horas na Escola de Hostalería de Rosende, Xornada de Maridaxe: VIÑO DE AMANDI con PEIXE DE BURELA. Colaboran: Fundación Belarmino Fernández e Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela.
Xoves 7 de marzo: Ás 17.30 horas no Centro Sociocultural, VI Cinefórum: EROSKI PARAÍSO. Organiza: Asociación O Colado do Vento
Venres 8 de marzo: Ás 19.00 horas no Centro Sociocultural CONCERTO da ORQUESTRA DE JAZZ do CONSERVATORIO PROFESIONAL DE OURENSE.
Sábado 9 de marzo: Ás 12.00 no Centro Sociocultural de Sober, PRESENTACIÓN do libro de José Maria Lago Borstein “UN RECORRIDO POR LAS PARROQUIAS DE SOBER”.
Martes 12 de marzo: Ás 17.00 no Centro Sociocultural de Sober. Encontro co escritor JOSÉ MARÍA LAGO BORSTEIN. Organiza: Club de Lectura Pintor de Castinandi.
Mercores 13 de marzo: Ás 12.00 no Centro Sociocultural de Sober. Taller: ENÓLOGO POR UN DÍA. Organiza: Vinosacra.
Sábado 16 de marzo: Paseo Histórico pola Parroquia de Santiorxo. Inscricións: coladodoventomail.com. Organiza: Asociación O Colado do Vento
Sábado 16 e domingo 17 de marzo: Proba de Xaurías sobre Xabarín Salvaxe. Organiza: Club Español do Griffón Bendeano.
Luns 19 de marzo: De 10.00 a 14.00 horas no Centro Sociocultural de Sober “4º CONCURSO DE SUMILLERS”. Organiza: Escola de Hostalería de Rosende.
Outras actividades
INECO RURAL TIC: Do 19 de febeiro ao 1 de marzo o Concello de Sober forma parte dun programa de impulso e desenvolvemento de proxectos de transformación dixital. Organiza: Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.
TALLER DE CAMPO: Do 15 ao 17 de Marzo na Casa Grande de Rosende realizarase o Taller de Campo LITERATURA Y PAISAJE con JULIO LLAMAZARES. Organiza: La Plantación.
REDES LILAS: Entre o 8 de marzo é o 25 de maio Feminismo dende o Pobo e para o Pobo.
Actividades para mulleres de todas as idades. Organiza: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober.
Do 1 de marzo ao 1 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados o concurso de carteis da XLIV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI. As Exposicións ANHELOS e INMARCESIBLES visitarán entre outros lugares o Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, o Concello de Sarria, o CIS da Coruña ou o Concello de Coles.
Cata de viños
Cun xurado profesional celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira. Entréganse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2023, un premio para viños brancos da anada de 2023, un premio para viños rosados da anada 2023 e un premio para viños envellecidos en barrica. Organiza: Vinosacra.
Para esta edición presentáronse 20 orixinais de carteis chegados de diferentes puntos do Estado. O xurado acordou outorgar o primeiro premio o traballo presentado por EDUARDO PÉREZ BAHAMONDE de Vilalba.
Programa da Feira
Venres 22 de Marzo: Ás 19.00 horas actuación de BATUCADA XdL de Monforte. Ás 19.30 horas inauguración a cargo da ADEGA D’ FRAN de Vilachá de Doade, en lembranza de JOSÉ MARÍA DÍAZ. Ás 20.30 horas actuación da BANDA DE MUSICA FOLK DE RIBAS DE SIL. Ás 22.30 Actuación da Charanga FESTICULTORES TROUPE.
Sábado 23 de marzo: Ás 11.00 horas: Apertura de stands. Ás 11.15 horas: Actuación de BATURRUKA de Monforte. Ás 12.30 horas: Actuación da BANDA DE MÚSICA DE SOBER. Ás 17.00 horas: Comezo da Precata Oficial. Ás 18.00 horas: actuación de BATUCADA CREATIVA de Monforte. Ás 20.00 horas: Actuación da Charanga LOUBAND de Sarria. Ás 23.00 horas: Actuación de MALENNE na Praza do Concello.
Domingo 24 de marzo: Ás 10.45 horas: Actuación da Charanga NBA. Ás 11.00 horas. Pasarrúas coa BANDA DE MÚSICA DE SOBER. Ás 11.30 horas: Comezo da Cata Final Oficial. Ás 11.30 horas: misa solemne coa bendición de ramos, na Igrexa de Sober. Ás 12.30 horas: Recepción de Autoridades na Casa do Concello. Ás 13.00 horas: pregón a cargo da xornalista LUCÍA RODRIGUEZ, presentadora de Xente Marabillosa da TVG. Ás 13.30 horas: Entrega de Premios. Ás 17.30 horas: Actuación da Charanga NBA. Ás 19.30 horas: Baile coa orquestra LOS SATÉLITES.