Monforte de Lemos | José Tomé Roca, alcalde de Monforte, ofreceu hoxe unha roda de prensa para presentar os dous vídeos promocionais elaborados dende o Concello para recordar a Feira Medieval de Monforte que, debido ás restricións derivadas da crise sanitaria da Covid-19, non se pode celebrar, ó igual que ocorreu o ano pasado, a fin de semana da Semana Santa, é dicir, os vindeiros 3 e 4 de abril. Na presentación estivo acompañado pola primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón.
Por este motivo, “para manter viva a nosa Feira Medieval e non a esquezamos, elaboramos dous vídeos promocionais para que a Feira Medieval de Monforte non caia no olvido e non teñamos que promocionala partindo de cero. Queremos que a Feira Medieval siga sonándolle á xente e crear esa necesidade de visitala”, destacou o Alcalde.
Á hora de promocionar a Feira Medieval, o Concello sempre se serve de 3 elementos esenciais para a súa difusión, como son o cartel oficial, o programa de actos e o vídeo promocional. Desta forma, o Concello apoiouse nun deses elementos, que vai servir de recordatorio para que non esqueza a Feira, como é o vídeo promocional.
Vídeos promocionais
O alcalde presentou dous vídeos promocionais “cuxa elaboración foi feita dacordo a dous obxectivos claros: que non esquezamos a Feira Medieval e que ambos vídeos sirvan de impulso para que o ano que ben voltemos con máis forza, xa que agardamos poder celebrar a Feira Medieval de novo, sempre que as circunstancias da pandemia nolo permitan”.
“O alcalde presentou dous vídeos promocionais ‘cuxa elaboración foi feita dacordo a dous obxectivos claros: que non esquezamos a Feira Medieval e que ambos vídeos sirvan de impulso para que o ano que ben voltemos con máis forza, xa que agardamos poder celebrar a Feira Medieval de novo, sempre que as circunstancias da pandemia nolo permitan”.
Dunha banda, o alcalde deu a coñecer o vídeo realizado pola empresa morfontina Amanita Studio, vídeo no que se leva a cabo a recompilación das mellores imaxes e dos mellores acontecementos de pasadas edicións de este evento, que leva sendo protagonista na Semana Santa monfortina durante 17 edicións. “Queremos, con este vídeo, poñer en valor o feito ata agora” indicou o rexedor municipal.
“O outro vídeo que rodamos, ten por obxectivo comunicar que non vai haber Feira Medieval neste ano, pero que estamos traballando xa para voltar con máis forza e máis folgos o ano que ven” salientou o alcalde.
O vídeo foi dirixido polo realizador vigués Fabián Figueroa, producido por Especialistas Hípica Celta SLL, e protagonizado por actores galegos famosos, como o son Antonio Durán Morris, Rosa Davila e Rubén Riós, entre outros. Esta peza audiovisual foi rodada, ademais de en Monforte, nos concellos ourensáns de Ribadavia e Arnoia, e no pontevedrés de Soutomaior, é dicir, o vídeo gravouse en localizacións de tres provincias galegas.
“Son dous vídeos diferentes pero que se complementan, para ensalzar a nosa Feira Medieval, evitar que nos esquezamos dela e emprazarnos a unha nova edición, que agardamos poida ser no vindeiro ano 2022”, subliñou Tomé Roca.
Deste xeito, a ambos vídeos promocionais o Concello monfortino daralles dende hoxe a máxima difusión posible tanto nos medios de comunicación, como na web e nas redes sociais municipais, así como no MUPI da rúa Cardenal.
O alcalde tamén resaltou que “a promoción da Feira debemos impulsala cada ano, dado que a Feira Medieval de Monforte tense convertido nun dos maiores eventos da cidade a nivel cultural e comercial, xa que representa un atractivo turístico e axuda a atraer visitantes a Monforte e o conxunto da Ribeira Sacra. Porque a Feira Medieval de Monforte debe seguir medrando, co fin de acadar, dentro de 3 edicións, a declaración Feira de Interese Turístico Galego, algo que como saben a Xunta segue sen concederlle, exclusivamente por motivos políticos”.
“En definitiva” concluíu o rexedor monfortino, “queremos que a xente a poida seguir incluíndo dentro da súa programación de descanso e de ocio nas vacacións de Semana Santa, como digo, cando sexa posible volver a celebrala”.