Porriño | David Alonso, concelleiro de Deportes informou hoxe de que o goberno municipal porriñés acordou outorgar unha achega extraordinaria de 4.000 € ó C.D. Pontellas. Tratase dunha aportación especial, a maiores da subvención anual que o Concello de O Porriño ten conveniada con C. D. Pontellas.
A presidenta do club local, Marta Costas mantivo hai doce días unha reunión na Alcaldía unha reunión con Eva García e con David Alonso. A directiva solicitou axuda económica e loxística do Concello debido ós gastos extraordinarios que lle supón a este modesto club afrontar a súa histórica participación na Copa do Rei. O equipo local deberá xogar unha eliminatoria a partido único o vindeiro 13 de novembro contra o Tolosa. No caso de superar esta previa, o CD Pontellas xogaría na seguinte ronda da Copa do Rei contra un equipo de Primeira División que non sería ningún dos catro que están a xogar a Champions League (Real Madrid, Barcelona, Atlético de Madrid ou Valencia).
A achega extraordinaria da que informou o concelleiro de Deportes servirá ó CD Pontellas para a viaxe e aloxamento do plantel en terras vascas.