O Porriño | O Concello do Porriño, por medio da Concellería de Emprego, que dirixe Soledad Girón, contratará, ata finais deste ano, a 52 persoas para realizar diferentes traballos a tempo completo.
As bases que deben cumprir as interesadas e interesadas en estes empregos xa están a dispor do público no propio Concello e establecen que o prazo para poder optar aos mesmos que se abrirá o luns, día 3 de abril. A continuación será a Oficina de Emprego a que faga unha preselección entre as persoas anotadas nesta oferta.
Aquelas veciñas e veciños do Porriño que queiran desempeñar algún destes traballos deberán ter a condición de demandantes de emprego, tendo prioridade, como establece a lei, as vítimas de violencia machista, maiores de 45 anos, parados de longa duración, en risco de exclusión, e familias monoparentais con persoas a cargo.
A concelleira de Emprego estima que o proceso de selección terá unha duración dun mes e os contratos laborais se asinarán a finais de abril para que se extendan dende o primeiro día de maio ata o vindeiro 31 de decembro.
Os postos a cubrir son: 1 conserxe en quenda de tarde para o Centro de Formación de Torneiros; 6 oficiais de Primeira de albanelería, 12 peóns de obra pública, 1 oficial de Primeira de carpintería, 1 oficial de Primeira de fontanería, 1 oficial de Primeira electricista especializado en mantemento e reparación en xeral, 1 oficial de Primeira Ferreiro ou ferreira e un condutos, ou condutora, de camión e pa escavadora con permiso de conducir Tipo C, todos eles coma persoal de apoio ao servizo de obras na conservación, mellora e protección de dependencias e recursos municipais.
Ademais se seleccionarán, para o Servizo de Parques e Xardíns e Limpeza: 1 operario ou operaria de vehículo de limpeza viaria, 6 xardineiros ou xardineiras, 16 peóns de limpeza, 1 condutor, ou condutora, de tractor desbrozadora, 2 pintores de Primeira de bandas sobre vías urbanas e estradas.
Así mesmo, se contratarán, para apoio ao servizo da Unidade Asistencial a Drogo-dependentes, 1 enfermeiro ou enfermeira, e 1 conserxe para o Servizo de Deportes.
Esta iniciativa, unha das impulsadas polo Goberno local no eido da formación e creación de emprego, conta cun orzamento total de 608.000€, dos cales o Concello achega uns 371.000 e case 237.000 a Deputación de Pontevedra con cargo ao ‘Plan Concellos 2017’.