A Cañiza | Un novo proxecto turístico virtual que ten por obxectivo promocionar lugares senlleiros do noso término municipal, que polo seu especial interese merecen a pena visitar.
Cun investimento de 29.748,00€, esta actuación contou cunha subvención do 100% de Turismo da Xunta de Galicia. A aplicación está implementada dentro da páxina web do Concello: https://caniza.org/gl/turismo/recunchos
A Cañiza conta con centos de pequenos lugares e espazos naturais que atraen a atención dos nosos visitantes pola súa singularidade e beleza. Recunchos que complementan e enriquecen a nosa paisaxe. Co proxecto “Recunchos”, estos lugares se integran nunha rede de información virtual ao dispor dos turistas co obxectivo de que poidan percorrer o Concello da Cañiza “buscando e disfrutando” destes espazos únicos, naturais e arquitectónicos.
Ademáis a rede permite dar a coñecer o noso patrimonio natural e civil dun modo atractivo e innovador, converténdose nun excelente apoio e activo para os aloxamentos e restaurantes da zona xa que poden ofrecer aos seus clientes un entretemento divertido gratuito: buscar o turismo a través das redes virtuais.
Para a creación deste novo proxecto turístico elexíronse 16 puntos de interese, “recunchos”. Cada un deles conta cunha ficha descriptiva, fotografías, xeolocalizacións GPS. Información elaborada e contida en arquivos multimedia en formato vídeos, arquivos 3D, realidade aumentada e xeoreferenciados para consultar na Web Municipal. Todo este material está clasificado en función da tipoloxía de cada punto (patrimonio, auga, natureza…).
Todos os puntos están sinalizados con balizas de madeira tratada, rotulada, con códigos QR de acceso á Web. Ademáis instaláronse dous paneis informativos no casco urbano cun mapa xeral da rede e tamén código QR que dan acceso a esta mesma Web turística.