PONTEVEDRA | O concelleiro de Economía e Contratación, Raimundo González informou esta mañá do proceso de adxudicación do novo préstemo que solicitará o Concello neste mesmo ano. Trátase dunha contía de 2.885.000 euros toda ela destinada a investimentos. As partidas do préstemo serán:
200.000 euros para redes de sumidoiros no rural
700.000 euros para accesibilidade no rural
400.000 euros para accesibilidade na zona urbana
635.000 euros de rehabilitación de rúas
150.000 euros para edificacións e outras construcións
300.000 euros para abonar parte da cota do convenio de Acuaes
500.000 euros para a cuberta do Pavillón Municipal dos Deportes
Este luns comezou o proceso de adxudicación coa reunión da mesa de contratación que abriu as ofertas recibidas. Foron 6 das que quedaron excluídas Bankia (por falta de documentación) e o Banco Santander (por pór condicionantes á concesión do crédito). As empresas admitidas foron:
- Abanca
- BBVA
- Sabadell
- Bancaixa
O venres celebrarase a segunda volta da mesa de contratación, coa que se facilitará a todas as concurrentes a proposta da mellor oferta por se a queren mellorar. Segundo explicou Raimundo González, todas as ofertas elas rondan entre o euribor +0,89 e a mellor que é de euribor +0.3.