Ponteareas | A celebración do Corpus Christi do Concello de Ponteareas é candidata na categoría a ‘Mellor Patrimonio Cultural’ nos I Premios de los Lectores +HISTORIA da revista Historia National Geographic, organizados co apoio do Ayuntamiento de Córdoba.
Nesta categoría premiarase a aquela manifestación ou tradición, relixiosa ou pagá, aberta a un público maioritario e sen nesgo de idade ou condición, e que polo tanto entre na categoría do que se considera, por definición, ‘popular’. Apreciarase o arraigamento desta festa ou tradición, os valores que transmite e o seguimento que ten.
O Concello convida a votar á candidatura do Corpus a través da páxina web de National Geographic dende hoxe mesmo e ata o xoves 10 de outubro (ambos días incluídos). Os gañadores daranse a coñecer no número de decembro da revista Historia National Geographic. A inclusión do Corpus Christi nestes premios é un recoñecemento máis á tradición de Ponteareas e un pulo de cara á súa promoción nacional e súmase á declaración como Ben de Interese Cultural na categoría de Patrimonio Inmaterial concedida este mesmo ano e á declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.
Cómo votar
1. Acceder á páxina web das votacións: https://historia.nationalgeographic.com.es/a/primeros-premios-historia_21873
2. É obrigatorio votar nas seis categorías de premios para que o voto sexa válido.
3. Podes votar dende o 23 de agosto e ata o xoves 10 de outubro (ambos incluídos).
4. Todos os participantes entrarán no sorteo de oito cámaras Fujifilm Instax Mini 90.
Os gañadores daranse a coñecer no número de decembro de Historia National Geographic..