Ponteareas | A Alcaldesa Nava Castro, e unha delegación de nove alfrombristas de Ponteareas participan nas celebracións de Corpus da vila de La Orotava.
As e os nosos alfombristas confeccionaron un tapiz floral de nove metros de longo por cinco de ancho na contorna da Casa do Concello da vila.
Ao estilo Ponteareas, así quixeron amosar a nosa arte floral en territorio canario os nosos alfombristas, empregando materiais naturais que foron transportados dende Ponteareas e completando con materiais subministrados pola vila da Orotava.
Ponteareas e La Orotava reafirman a súa irmandade e un ano máis, e xa van 40, colaboran para amosar ás persoas visitantes a súa arte en flor, areas e terras unidas pola devoción ao Corpus Christi, pola unidade veciñal e pola transmisión popular de coñecementos e tradicións.
A alcaldesa agradece ao alcade de La Orotava, Francisco Linares, e a todos os alfombristas e persoas colaboradoras a atención recibida “sendo unha vez máis unha experiencia única vivir con elas e eles esta festividade e esta tradición que nos une”.
As Festas de Corpus Christi e San Isidro Labrador son Festas de Interese Turístico Nacional.