“O Corpus é candidato a Patrimonio Mundial Inmaterial da Humanidade”

Nava Castro | Alcaldesa de Ponteareas

A Alcaldesa Nava Castro Domínguez vivirá o seu primeiro Corpus coa denominación de Ben de Interese Cultural (BIC) O momento é propicio para repasar os temas máis importantes da Vila cando se cumpre un ano do seu retorno como rexedora á Corporación Municipal.

O Corpus xa é BIC. Tivo algo que ver o seu paso por Turismo de Galicia?
Non sei se tivo que ver. Pero si que a insistencia na solicitude de ter o expediente perfectamente completo para poder estar declarado Ben de Interese Cultural inflúe tamén na traxectoria.

Está en marcha algunha nova distinción para o Corpus?
Si. Este paso era fundamental porque agora estamos como candidatos a Patrimonio Mundial Inmaterial da Humanidade. E ao estar agora como BIC tería tamén a distinción de Patrimonio Mundial.

“Tentamos dialogar coa oposición pero é complicado en situacións concretas”

Ten previsto algún tipo de diálogo coa oposición para rebaixar a actual crispación nos plenos?
Nós tentamos facer iso, pero é complicado en situacións concretas. Cando se falan de temas acuciantes ou sensibles, pois loxicamente a crispación sae sen premeditar; espero que sexa así, claro. É entendible en temas candentes, sensibles que sexan da preocupación de tódalas persoas.

Como está organizado o encaixe dos actuais praceiros nas novas instalacións da Praza de Abastos?
Recentemente tivemos a reunión nas novas instalacións para encaixar a todos os praceiros e praceiras. Acordamos que nos pasen tamén propostas e as distintas medidas que tamén as temos recollidas e terían cabida todos os que actualmente están na Praza de Abastos. En principio é do agrado a proposta do borrador do proxecto e pretendemos darlle tamen máis vida a maiores con distintas instalacións como pode ser unha cafetería.

Había outro tipo de actividades comerciais previstas?
Efectivamente. Unha actividade como a cafetería-restaurante sería un atractivo mais para que se achegara todo o mundo á Praza de Abastos, non só pola mañá senón tamén polas tardes.

Esas prazas haberían que sacalas xa a concurso.
Evidentemente.

Espazos de lecer? Antes estaba previsto que ese espazo acollera festivais e espectáculos públicos. Queda algo para iso?
Como sabe todo o mundo asinamos un convenio de colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia para sacar o concurso de ideas para a nova Biblioteca 24 horas na antiga Praza de Abastos. Ese espazo ten tres pisos, 2.000m2 ademais da Sala de Estudos.

Haberá aparcamento na nova Praza de Abastos?
Si, claro. Cando estea no proxecto. O proxecto é o que vai definir o aparcamento.

A parte Norte, as vivendas, os comercios, correspóndenlle ao propietario?
Non. O das vivendas cambiouno o goberno anterior. Aí o que está é o comercial que é para Gadis. Ten a licenza. Chegará ata a carreteira.

Como pensa reorganizar o tráfico na rúa de Guillade? Sen afectar os espazos destinados ás aceiras dos nenos.
Efectivamente. Simplemente o que imos a facer é mellorar eses vadenes que incumpren porque son saltos demasiados grandes sobre todo tendo en conta que por aí poden pasar ambulancias e é unha contradición. Unha ambulancia nun caso de emerxencia ten que ir rápido e non pode estar evitando uns vadenes. As aceras non se tocan; serían unha plataforma única que está perfectamente contemplada. Melloraríase todo o firme e colocaríase tamén regadío.

“Imos mellorar os vadenes da rúa de Guillade”

Con dobre dirección?
Non.

Entón os aparcamentos dos que viven aí afectaríalles.
Vaise a mellorar para a accesibilidade de todo o mundo.

Que cambios están previstos no uso rodado ou non das rúas e prazas da Vila? Haberá algún cambio de dirección nalgunha rúa?
En principio non. A única que cambiaría é a que dará saída aos taxis.

Aparcadoiros subterráneos. Sportivo si ou non? Hai outros lugares previstos?
Sportivo si e encantaríame que no Colexio Número 1 tamén pero todo se verá co tempo.

Hai algunha conversa oficial, seria, coa directiva do Sportivo? Ten asinada algunha proposta?
Non polo momento. Hai algunhas conversas. Tamén hai posibilidades nos terreos de Santa Ana de ter a entrada subterránea. Pero, como todo, ten que desenvolverse.

Subindo plataformas ao aire libre ou sería subterráneo?
Non, sería subterráneo porque chega dende a entrada natural.

O novo Centro Médico aínda vai tardar uns anos.
Esperemos que menos de dous anos.

Mentres chega o novo, como vai presionar o Concello para dotar ao actual Centro de profesionais?
Estamos solicitando a cobertura das prazas. Loxicamente están cubertas as prazas pero hai bastante persoal de baixa; e as outras que non se cubren é porque non lles resulta atractivo, non é por falta de prazas senón por falta de médicos. Para resultar máis atractivo haberá entón que non falar mal de Sanidade, non falar mal deste Centro de Saúde para que a xente non se encontre que, de súpeto, vai vir aquí alguén que estea en contra. Loxicamente os profesionais non van vir aquí cando se está falando mal, en contra.

“Esperemos que en menos de dous anos estea listo o novo Centro de Saúde”

Corpus 2024. Novidades?
Xa que temos o BIC imos a facer un valado embelecedor de todas as rúas. Haberá unhas gradas para todas aquelas persoas que se queren achegar sen necesidade de subir a vivendas particulares e ver, por exemplo, a Alfombra da Praza Maior. No Auditorio facemos tamén unha visión natural. Logo para os medios de comunicación teríamos unha torres ubicadas no percorrido para que poidan fotografiar esas alfombras tan bonitas do noso Concello.

Aproveite para saudar aos ponteareáns por estas Festas do Corpus.
Animar a todos os veciños e veciñas a que participen como queiran no Corpus, sexan ou non alfombristas; poden embelecer os seus balcóns xa que sacamos un concurso de Balcóns Floridos e tamén un concurso de Escaparates que poden axudar a que Ponteareas, o día do Corpus, estea mellor que nunca. Esa é a petición; desexarlle a todos os ponteareáns unhas Festas en familia, desfrutando e que aquí nos teñen a súa disposición.

Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»